Convocatorias

Bases del Concurso de guiones para radioteatro

Corifeo Teatro (A Coruña) convoca el Concurso de guiones para radioteatro, con temática libre y para textos escritos en gallego.

BASES DO CONCURSO DE GUIÓNS PARA RADIOTEATRO                                                                                                   

QUEN PODE PARTICIPAR?

1. Poderán participar todas as persoas maiores de idade que así o desexen, agás membros e ex-membros de Corifeo Teatro e da Asociación Cultural Corifeo.

2. As persoas participantes poderán enviar cantas propostas de guión queiran e cada texto poderá estar escrito por unha ou varias persoas. Os guións deben ser inéditos e non ter sido representados con anterioridade.

3. Cada participante responsabilízase da veracidade dos seus datos e da autoría do guión presentado.

REQUISITOS DOS TEXTOS

4. A temática é libre.

5. A lingua dos guións será o galego.

6. Os textos deben estar pensados para o formato de radioteatro.

• Formato do texto: PDF, Times New Roman 12 e interliñado de 1,5.

• O número máximo de páxinas é 8 (como referencia aproximada, a duración máxima da locución son 15 minutos).

• Para que a proposta sexa viable, o número de personaxes non será maior de 6 (non se terán en conta como personaxes as voces de fondo ou de creación de ambiente, nin efectos…).

PRAZO E FORMA DE ENVÍO

7. O prazo comeza no momento da publicación destas bases e remata o 28 de febreiro de 2021.

8. Para manter o anonimato de cada autora ou autor ante o xurado, os guións deberán enviarse a radioteatrocorifeo@gmail.com co asunto: “Concurso guións de radioteatro”. No correo adxuntaranse dous arquivos en PDF:

• Arquivo 1 – Guión: deberá figurar ao comezo o pseudónimo e despois o título e o propio texto presentado a concurso (Nome do arquivo: texto_pseudonimo).

• Arquivo 2 – Datos do autor/a: nome, enderezo electrónico, teléfono de contacto, data de nacemento e localidade de residencia (Nome do arquivo: datos_pseudonimo).

PREMIO

9. Establécese un premio de 150 euros para o texto gañador, puidendo outorgarse un ou varios accésits sen dotación económica se o xurado o considerase oportuno.

10. O texto gañador e os accésits serán locutados por Corifeo Teatro e distribuídos en todas as canles que a organización decida.

11. O fallo do xurado darase a coñecer no Facebook “Asociación Cultural Corifeo” e os gañadores serán contactados directamente.

12. A organización resérvase o dereito a deixar deserto o premio se o número de participantes non chega ao mínimo necesario ou se a calidade ou as características dos textos presentados non son axeitadas.

O prazo máximo para a resolución do premio será de tres meses desde a finalización do prazo de presentación de guións.

OUTROS

13. De acordo co establecido na normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos proporcionados polos autores e autoras formarán parte dun ficheiro cuxa única finalidade será a xestión da súa participación neste concurso.

14. Segundo a Lei de Propiedade Intelectual, os dereitos de propiedade intelectual corresponderán aos autores e autoras dos guións. As obras premiadas quedarán a libre disposición de Corifeo Teatro e da Asociación Cultural Corifeo para os efectos da súa locución, publicación e distribución.

15. A participación no certame supón a aceptación destas bases.

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba